A aprobación o pasado 15 de marzo do estado de alarma en España e as conseguintes ampliacións do mesmo supuxo a paralización dos prazos administrativos, tanto de tramitación como de xustificación, para optar a distintas liñas de subvencións vencelladadas ao sector primario e á industria agrogandeira.

Nestes momentos, atópanse en proceso de tramitación varias liñas de axudas, como as destinadas ao sector vitivinícola, á industria agroalimentaria ou tamén para a mellora de explotacións agrarias e gandeiras. A pandemia e as medidas gubernamentais adoptadas para frear o avance da covid-19 derivaron en que, nalgúns casos, se flexibilizasen os avais esixidos para ser beneficiario dunha subvención ou que se poidan solicitar anticipos.

Por outro lado, a Consellería de Medio Rural anunciou a posta en marcha dun plan de reactivación do sector agrario galego coa fin de paliar os efectos económicos que a crise sanitaria provocou en moitas explotacións, así como en pequenas e medianas empresas. A Xunta comprometeu para todas elas unha partida de 24 millóns de euros.

En Induagro xestionamos todo tipo de axudas e subvencións, informámosche de cales son ás que podes optar, estudiamos a compatibilidade entre distintas liñas e encargámonos de realizar todos os trámites para conseguilas. Consúltanos.