• Denominación Social: Induagro Consulting SL
  • Nome Comercial: Induagro Consulting SL
  • Domicilio Social: Camiño Francés, 2, 1º B, 15704 Santiago CIF / NIF: B15260870
  • Teléfono: 981 573 699
  • e-mail: induagro@induagro.net
  • Nome de dominio: www.induagro.net

OBXECTO

O prestador, responsable do sitio web, pon a disposición dos usuarios o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), así como informar a todos os usuarios do sitio web respecto a cales son as condicións de uso do sitio web.

Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fora de aplicación.

O prestador resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web do prestador.

RESPONSABILIDADE

O prestador exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

O sitio web do prestador pode empregar cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies empregadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa transmisión ulterior e desaparecen ao rematar a sesión do usuario. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

Dende o sitio web do cliente é posible que se redirecione a contidos de sitios web de terceiros. Dado que o prestador non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus sitios web, este non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a ditos contidos. En todo caso, o prestador manifesta que procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección a dito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.

O prestador non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chat´s, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do prestador. Non obstante e en cumprimento do disposto no art. 11 e 16 de la LSSI-CE, o prestador ponse a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, e colaborando de forma activa na retirada ou no seu caso bloqueo de todos aqueles contidos que puidesen afectar ou contravir a lexislación nacional, ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, prégase que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web.

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Non obstante, o prestador non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas, ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

O prestador está profundamente comprometido co cumprimento da normativa europea e española de protección de datos de carácter persoal, e garante o cumprimento íntegro das obrigas dispostas, así como a implementación das medidas de seguridade dispostas no Regulamento Europeo de Protección de datos.

O prestador pon a disposición dos usuarios a Política de Privacidade da entidade informando aos usuarios respecto aos seguintes aspectos:

  • Identificación do Responsable do tratamento.
  • Datos tratados.
  • Finalidade do tratamento.
  • Sobre os dereitos que asisten a todo usuario e o procedemento para exercitalos.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web, incluíndo a título enunciativo mais non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos son propiedade do prestador ou no seu caso dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.

Independentemente da finalidade para a que foran destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso da autorización escrita previa por parte do prestador. Calquera uso non autorizado previamente por parte do prestador será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao prestador e que puidesen aparecer no sitio web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que puidese espertar respecto aos mesmos. En todo caso, o prestador conta coa autorización expresa e previa por parte dos mesmos.

O prestador recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, non implicando a súa mera mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha do prestador sobre eles, así como tampouco o respaldo, patrocinio ou recomendación do mesmo.

Para facer calquera tipo de observación sobre posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do seguinte correo electrónico: induagro@induagro.net.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Para a resolución de todas as disputas ou cuestións relacionadas con este sitio web ou das actividades desenvolvidas nel, aplicarase a lexislación española á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para resolver todos os conflitos derivados ou relacionado co seu uso os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.